Sistema de control presencial de empregados con localización, xestión de tarefas e recursos.

Que é Tántice?

Presentámosche a ferramenta que marcará un antes e un despois na produtividade da túa compañía.

Tántice é un novo sistema de control que facilita a xestión de recursos humanos e materiais na empresa. Este completo software permite garantir o cumprimento da xornada laboral e optimizar os recursos e a xestión de tarefas, simplificando o día a día da compañía.

Este sistema de fichaxes, accesíbel de forma sinxela dende calquera dispositivo mediante unha aplicación web; permite rexistrar desprazamentos, recursos empregados, tempo investido e localizacións de cada empregado.

Ventajas Tantice

Xestión de persoal

Localiza ao teu persoal en todo momento

fotografía-tantice

A plataforma pode rexistrar entradas, saídas, horas extra, atrasos, pausas, vacacións e días libres de cada empregado.

Para os administradores da compañía implica conseguir acceso en tempo real ás localizacións e tarefas de cada membro do persoal. Un novo xeito de levar o control da actividade diaria de forma áxil e intuitiva.

Rexistro de tarefas e recursos

Non perdas o control sobre o teu equipo

A xestión de tarefas simplifícase grazas a Tántice. A través da plataforma pódense asignar actividades a empregados, decidir os recursos que se destinarán a ela e cal é a súa prioridade dentro do esquema de traballo da compañía. O resultado será un rexistro completo dos recursos tanto humanos como temporais e técnicos empregados en cada tarefa. Deste xeito, facilítanse as xustificacións en termos de facturación a clientes.

Os recursos como equipamento e material tamén estarán localizados en todo momento. Grazas á xeo-localización, desde a plataforma pódese saber que traballador está a utilizar determinadas ferramentas, onde e para que proxecto.

Registro de tareas
Tareas

Vantaxes

Unha ferramenta, infinidade de solucións

Se tivésemos que resumir Tántice nunha palabra, esa sería «optimizar». Decenas de tarefas que ata o momento debíanse de resolver empregando diferentes métodos ou ferramentas agrúpanse agora nunha soa plataforma, intuitiva e accesíbel desde tódolos dispositivos.

A nivel administrativo, para a empresa supón un avance na xestión de recursos humanos, xa que permite saber todo sobre a xornada laboral de calquera empregado cun só clic. Doutra banda, para o departamento de contabilidade simplificará as tarefas de facturación a clientes e as xustificacións sobre o número de horas dedicadas a cada traballo.

Aumenta a produtividade dos teus traballadores e a calidade dos servizos da túa empresa coas vantaxes que Tántice che ofrece.

florista-tantice

Contacto

Tes algunha dúbida?

Gustaríache probar Tántice ou saber máis sobre como funciona? Contacta connosco a través deste formulario e responderémosche canto antes.

Responsable de tratamento: Os seus datos serán tratados por EVELB TECNICAS E SISTEMAS, S.L., con CIF B70240320, dirección en RUA DÁS HEDRAS, 6 LOFT 0 - C , 15895 - AMES (A Coruña). Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para os fins especificados no motivo de contacto e poder darlle resposta ás súas peticións ou consultas, con base legal no consentimento expreso. Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal. Prazo: Os seus datos serán tratados o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida, ata a perda de relevancia do seu uso ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio por parte do seu titular dos dereitos correspondentes. Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico: evelb@evelb.es, ou tamén por escrito, achegando unha copia dun documento acreditativo da súa identidade á dirección: RUA DÁS HEDRAS, 6 LOFT 0 - C , 15895 - AMES (A Coruña). Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade: https:// tantice. com/ politica-privacidade/