Sistema de control presencial de empregados con localización, xestión de tarefas e recursos.

Que é Tántice?

Presentámosche a ferramenta que marcará un antes e un despois na produtividade da túa compañía.

Tántice é un novo sistema de control que facilita a xestión de recursos humanos e materiais na empresa. Este completo software permite garantir o cumprimento da xornada laboral e optimizar os recursos e a xestión de tarefas, simplificando o día a día da compañía.

Este sistema de fichaxes, accesíbel de forma sinxela dende calquera dispositivo mediante unha aplicación web; permite rexistrar desprazamentos, recursos empregados, tempo investido e localizacións de cada empregado.

Ventajas Tantice

Xestión de persoal

Localiza ao teu persoal

fotografía-tantice

A plataforma pode rexistrar entradas, saídas, horas extra, atrasos, pausas, vacacións e días libres de cada empregado.

Para os administradores da compañía implica conseguir acceso ás localizacións e tarefas de cada membro do persoal. Un novo xeito de levar o control da actividade diaria de forma áxil e intuitiva.

Rexistro de tarefas e recursos

Non perdas o control sobre o teu equipo

A xestión de tarefas simplifícase grazas a Tántice. A través da plataforma pódense asignar actividades a empregados, decidir os recursos que se destinarán a ela e cal é a súa prioridade dentro do esquema de traballo da compañía. O resultado será un rexistro completo dos recursos tanto humanos como temporais e técnicos empregados en cada tarefa. Deste xeito, facilítanse as xustificacións en termos de facturación a clientes.

Os recursos como equipamento e material tamén estarán localizados. Grazas á xeo-localización, desde a plataforma pódese saber que traballador está a utilizar determinadas ferramentas, onde e para que proxecto.

Registro de tareas
Tareas

Vantaxes

Unha ferramenta, infinidade de solucións

Se tivésemos que resumir Tántice nunha palabra, esa sería «optimizar». Decenas de tarefas que ata o momento debíanse de resolver empregando diferentes métodos ou ferramentas agrúpanse agora nunha soa plataforma, intuitiva e accesíbel desde tódolos dispositivos.

A nivel administrativo, para a empresa supón un avance na xestión de recursos humanos, xa que permite saber todo sobre a xornada laboral de calquera empregado cun só clic. Doutra banda, para o departamento de contabilidade simplificará as tarefas de facturación a clientes e as xustificacións sobre o número de horas dedicadas a cada traballo.

Aumenta a produtividade dos teus traballadores e a calidade dos servizos da túa empresa coas vantaxes que Tántice che ofrece.

florista-tantice

Contacto

Tes algunha dúbida?

Gustaríache probar Tántice ou saber máis sobre como funciona? Contacta connosco a través deste formulario e responderémosche canto antes.

Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por EVELB TECNICAS Y SISTEMAS, S. L., con CIF B70240320, dirección en RUA DAS HEDRAS, 6 LOFT 0 - C , 15895 - AMES (A Coruña). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para los fines especificados en el motivo de contacto y poder darle respuesta a sus peticiones o consultas, con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida, hasta la pérdida de relevancia de su uso o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: evelb@evelb.es, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: RUA DAS HEDRAS, 6 LOFT 0 - C , 15895 - AMES (A Coruña). Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad: https://tantice.com/cookies/